Chega unha fronte fría á cidade durante o día de hoxe
En Compostela a temperatura mínima chegará aos 5ºC e máxima ata aos 13ºC
O martes unha fronte fría asociada a unha profunda borrasca situada entre Islandia e Escocia afectará a Galicia.
Polo tanto, o día comezará con alternancia de nubes e claros en xeral, con progresivo aumento das nubes ao longo da xornada e con precipitacións de norte a sur.
A cota de neve situarase nos 1.000 metros pola noite.
As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima chegará aos 5ºC e máxima ata aos 13ºC.
O vento soprará de compoñente sur sendo forte no Golfo Ártabro e na Mariña Luguesa, virando a noroeste na segunda metade do día, baixando en intensidade a moderado no litoral e xa frouxo no interior.