miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ribeira licita as obras das rúas do Mar e da Volta, na parroquia de Castiñeiras

Ribeira licita as obras das rúas do Mar e da Volta, na parroquia de Castiñeiras
Ribeira licita as obras das rúas do Mar e da Volta, na parroquia de Castiñeiras

En ambas vías a rede de abastecemento é de fibrocemento e carecen de rede de alcantarillado, circulando augas residuais e pluviais por un mesmo colector de formigón

O Concello de Ribeira informa do inicio do prazo de licitación dunha nova actuación consistente na licitación das obras de pavimentación e renovación de servizos nas rúas do Mar e da Volta, ambas situadas na parroquia de Castiñeiras.

Cun orzamento de 127.405 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de tres meses, o proxecto abrangue un área de actuación formada por un conxunto de rúas de trazado irregular e anchura variable cun pavimento de formigón con danos notables como disgregacións e socavóns. Ademais, en ambas vías a rede de abastecemento é de fibrocemento e carecen de rede de alcantarillado, circulando augas residuais e pluviais por un mesmo colector de formigón.

A tal efecto, vanse renovar a pavimentación e os servizos municipais existentes da seguinte forma:

- Abastecemento: remplazarase a tubaxe por outra de polietileno de alta densidade de 75 milímetros de diámetro.

- Augas fecais: colocarase un colector de PVC liso de 315 milímetros de diámetro.

- Augas pluviais: disporase polo centro da calzada de colectores de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e construiranse sumidoiros sifónicos de formigón prefabricado.

Polo que respecta aos pavimentos, empregaranse materiais semellantes aos das rúas do contorno, con lousas de granito combinadas con adoquíns de granito sobre capa de morteiro de cemento.

Comentarios
Lo más