miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bascuas mantivo unha xuntanza con representantes da Asociación Sarela

Bascuas mantivo unha xuntanza con representantes da Asociación Sarela
Bascuas mantivo unha xuntanza con representantes da Asociación Sarela

Compromiso apoia as demandas que fan dende Sarela

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e representantes da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Compostela, Sarela, mantiveron un encontro no que trataron as demandas, inquedanzas e distintas problemáticas que está a vivir os usuarios da asociación. Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man a situación actual e os diferentes problemas cos que se atopan no día a día dende Sarela. 

Dende a Asociación de Dano Cerebral Adquirido (DCA) apuntan que a realidade na que realiza o seu traballo hoxe supera as competencias municipais, dependendo do goberno do Estado e da Xunta, pero apuntan que dende a política local pódese impulsar medidas concretas para mellorar as situación das persoas do colectivo DCA do Concello. Dende Sarela piden a dotar de contido ao Consello de Participación de Servizos Sociais, para canalizar as demandas dos distintos colectivos do Terceiro Sector.

Ao mesmo tempo, tamén apuntan a necesidade de reducir a atención dos servizos sociais municipais que na actualidade está en 30 días (ás veces dous meses). De igual modo, apostan por promover o acceso das persoas con discapacidade ao lecer e á cultura, eliminando as barreiras físicas e sensoriais.

A mobilidade é outro dos elementos de interese da Asociación, xa que sinalan a necesidade de mellorar a ratio de taxis adaptados en Santiago e dar continuidade a iniciativa do bono taxi.

Promover a linguaxe inclusiva nas instalacións municipais é outro dos conpromisos bos que a día de hoxe aínda queda moito traballo por facer.

Dende Compromiso asumen como propias as reivindicacións que fan dende Sarela e trasladan os seus parabéns pola súa labor o longo destes vinte anos.

Segundo Bascuas, “Sarela é unha referencia, non só na cidade, senón tamén en todo o país, cunha entrega e un labor que non coñece límites”; e engade “o DCA pode afectar a calquera de nós en calquera momento; non ser parte desta causa e ser insolidaria coa nosa sociedade e con nós propios”.

Comentarios
Lo más