miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha persoa ferida en Ribeira ao colidir un autobús e un turismo

Unha persoa ferida en Ribeira ao colidir un autobús e un turismo
Foto de arquivo
Unha persoa ferida en Ribeira ao colidir un autobús e un turismo

Sucedeu ao fío das 15:00 horas os vehículos circulaban a altura do nº 13 da Rúa da Praia de Ribeira

Unha colisión entre un autobús e un turismo saldouse cunha persoa ferida cando ao fío das 15:00 horas os vehículos circulaban a altura do nº 13 da Rúa da Praia de Ribeira.

Nada máis recibir a chamada de alerta, na cal o persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia do suceso, os xestores de emerxencias alertaron aos Bombeiros de Ribeira, aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Do mesmo xeito, solicitaron a colaboración da Policía Local da localidade que, unha vez no lugar, indicaban que a bordo do autobús viaxaban nove mozos que regresaban aos seus domicilios.

Segundo puido saber o 112 Galicia, o único ocupante do turismo si necesitou ser trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más