Buscan a unha muller de Ferrol desaparecida
16:34 11/03/19
16:34 11/03/19
A búsqueda estase centrando na zona de Doniños
Esta mañá despregouse un dispositivo de búsqueda na costa ferrolana para intentar localizar a unha veciña do barrio de Caranza en Ferrol. O dispositivo vai por mar e por aire con helicópteros, bombeiros de Ferrol, Policía Nacional, Protección Civil e cans de rescate. Da coordinación encárgase Salvamento Marítimo de A Coruña que se atopa pola zona de Doniños.
Estanse a centrar nesta área porque atoparon efectos persoais da desaparecida de 59 anos detrás dun establecemento chamado Lume Boo na praia Punta Penencia.