miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Boqueixón de luto polo pasamento da secretaria-interventora Elena Suárez Rodríguez

Boqueixón de luto polo pasamento da secretaria-interventora Elena Suárez Rodríguez
Boqueixón de luto polo pasamento da secretaria-interventora Elena Suárez Rodríguez

Os restos de Elena Suárez Rodríguez atópanse na sala 4 do Tanatorio de Boisaca. O funeral polo seu eterno descanso terá lugar hoxe ás 19.15 horas na capela do tanatorio municipal

O Concello de Boqueixón acaba de decretar dous días de loito oficial polo pasamento repentino da secretaria-interventora. Elena Suárez Rodríguez que levaba máis de dúas décadas exercendo o seu labor profesional no concello.

“A súa é unha perda incalculable”, asegura o alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, quen non dubidou en gabar “o excelente traballo que a nosa secretaria desenvolveu durante todos estes anos”.

Os restos de Elena Suárez Rodríguez atópanse na sala 4 do Tanatorio de Boisaca. O funeral polo seu eterno descanso terá lugar hoxe ás 19.15 horas na capela do tanatorio municipal. Posteriormente, será incinerada na intimidade familiar.

Comentarios
Lo más