miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A aula CeMIT de Ribeira acolle unha charla sobre comercio electrónico

A aula CeMIT de Ribeira acolle unha charla sobre comercio electrónico
A aula CeMIT de Ribeira acolle unha charla sobre comercio electrónico

A acción, emitida dende a Escola Galega de Consumo, pretende explicar os pasos a seguir para facer compras e contratacións en internet dun xeito seguro

O vindeiro martes 12 de marzo, de 18 a 19 horas, terá lugar na Aula CeMIT de Riveira unha charla informativa gratuíta por videoconferencia sobre consumo dixital e comercio electrónico. 

A acción, emitida dende a Escola Galega de Consumo, pretende explicar os pasos a seguir para facer compras e contratacións en internet dun xeito seguro e, especificamente, os aspectos máis importantes para evitar fraudes: identificacións de páxinas seguras, dos distintos medios de pago, posibilidade de abandonar a compra… Analizaranse tamén os dereitos específicos das persoas consumidoras dixitais.

Comentarios
Lo más