miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Éxito de participación do circuito Transgalaica 2019

Éxito de participación do circuito Transgalaica 2019
Éxito de participación do circuito Transgalaica 2019

O circuíto Transgalaica realizou, un ano máis, unha parada en Ames para celebrar unha das súas probas

O Club de ciclismo Os Esfola Arrós e o Concello de Ames organizaron, por cuarto ano consecutivo, unha das probas do circuíto Transgalaica en territorio amesán. Así, onte o municipio acolleu a segunda proba do circuíto Transgalaica 2019, que partiu do Pazo da Peregrina ás 9.:30 horas e percorreu distintos puntos da xeografía do concello. Na proba participaron un total de 426 persoas, das que 408 están inscritas na competición e 18 farano como cicloturistas.

O circuíto Transgalaica realizou, un ano máis, unha parada en Ames para celebrar unha das súas probas. Nesta edición do 2019 o concello amesán acolleu este domingo, 10 de marzo, a segunda proba das cinco que forman dito circuíto, pertencente á modalidade de ciclismo de montaña XC-maratón e que discorreu por un circuíto de 33 quilómetros.

Os participantes tiveron dúas opcións para participar. As persoas que compiten tiveron que dar dúas voltas ao circuíto de 33 quilómetros, completando un total de 66 km, mentres que os ciclistas inscritos na modalidade de cicloturistas, tan so tiveron que dar unha volta ao circuíto. Para disputar esta proba hai inscritos un total de 426 ciclistas.

O percorrido da proba discorreu por Covas, Ventosa, monte de San Marcos, pasou ao carón do rego de Riamonte, subiu ata o alto de Liñaredo, continuo pola praia fluvial de Tapia e pola estrada que vai Seares de Arriba a Lens, pasando pola baixada de Pegariños, Caroubáns, ata que chegou de novo ao Pazo da Peregrina. 

Comentarios
Lo más