Día soleado en Compostela
08:00 11/03/19
08:00 11/03/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 5º e a máxima chegará aos 16ºC
Durante o luns agárdase unha influencia anticiclónica transitoria sobre Galicia.
Con esta situación teremos bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos alternando nubes e claros, con máis claros polo sur durante a tarde.
As temperaturas mínimas sufrirán entre un moderado a notable descenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 5º e a máxima chegará aos 16ºC.
Os ventos soprarán frouxos en xeral, moderados no litoral norte, de dirección variable con predominio do nordés.