miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Día da Muller no Ateneo de Santiago

O Día da Muller no Ateneo de Santiago
O Día da Muller no Ateneo de Santiago

O acto, que leva por título “Muller, investigación científica e avances en nanomedicina”, desenvolverase ás 20:00 horas na sede de Afundación de Santiago

O vindeiro luns o Ateneo de Santiago conmemorará o Día da Muller cunha conferencia impartida pola Doutora María de la Fuente, Responsable do laboratorio de nano-oncoloxía do Hospital Clínico de Santiago.

O acto, que leva por título “Muller, investigación científica e avances en nanomedicina”, desenvolverase ás 20:00 horas na sede de Afundación de Santiago (Rúa do Vilar, 19) e poderá seguirse tamén en directo a través da web e redes sociais do Ateneo.

María de la Fuente Freire, Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago, obtivo o Premio á Mellor Tese Doutoral “III SPLC-CRS and Eudragit Ph.D. Thesis Award” e xerou varias patentes que formaron parte da propiedade intelectual que deu lugar á fundación da división de nanomedicina de Advancell S.L., no ano 2004. 

Participou en proxectos dirixidos á inhibición de procesos de invasión e metástase mediante a aplicación de terapia xénica e nanotecnoloxía así como no desenvolvemento preclínico de formulacións nanoparticulares e na avaliación de novas dianas e moléculas terapéuticas para o tratamento de tumores caracterizados pola súa alta agresividade. 

As súas principais liñas de investigación son a nano-oncoloxía, nanoteranóstico e terapéutica traslacional para combatir procesos de diseminación tumoral e metástase.

Comentarios
Lo más