Unha persoa resulta ferida despois de caer dun cabalo cando participaba no Entroido de Xinzo de Limia
19:43 10/03/19
19:43 10/03/19
Ocorreu pasado o mediodía de hoxe, cando varias persoas contactaron co 112 Galicia pedir asistencia médica urxente
Unha persoa tivo que ser atendida en Xinzo de Limia despois de caer dun cabalo cando participaba nun desfile de entroido.
Ocorreu pasado o mediodía de hoxe, cando varias persoas contactaron co 112 Galicia pedir asistencia médica urxente para a persoa que non respondía tras a caída.
Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que trasladaron ao ferido primeiro ao Centro de Saúde da localidade para despois ingresar no Hospital de Ourense.