miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O SERGAS busca médicos en Portugal sen necesidade de que os profesionais falen galego ou castelán

O SERGAS busca médicos en Portugal sen necesidade de que os profesionais falen galego ou castelán
O SERGAS busca médicos en Portugal sen necesidade de que os profesionais falen galego ou castelán

O SERGAS ofrece un contrato que pode ser de un ou tres anos para traballar nos centros de saúde de Galicia cunha remuneración de 61.500 euros brutos ao ano

A Consellería de Sanidade busca médicos en Portugal. Na última semana do mes de febreiro, o SERGAS publicou un anuncio en dous periódicios de tirada nacional de Portugal na que ofrecía traballo a médicos especialistas en medicina xeral e en pediatría.

Nese anuncio, o SERGAS ofrece un contrato que pode ser de un ou tres anos para traballar nos centros de saúde de Galicia cunha remuneración de 61.500 euros brutos ao ano. Os interesados teñen a oportunidade de poñerse en contacto mediante un teléfono ou un correo.

Moitas das persoas interesadas puideron poñerse en contacto co departamento de persoal e na contestación de correos, o propio SERGAS afirma que os candidatos non precisan de saber español ou galego.

A Xunta, en repetidas ocasións, menciona que existe un déficit de persoal sanitario no SERGAS pero a realidade pode diferir xa que nas últimas probas ofertáronse 200 prazas e se presentaron máis de 600 persoas ás probas.

Comentarios
Lo más