Envorca un turismo nun accidente en Lalín
15:31 10/03/19
15:31 10/03/19
O accidente tivo lugar ás 20:30 horas de onte
En Lalín tiveron que intervir, os Bombeiros do Deza para excarcerar ao ocupantes dun turismo que se saíu da vía e envorcou cando circulaba pola estrada que une a localidade pontevedresa con Brantega.
A posición na que quedou o coche tras o impacto, virado no lado do condutor, impedía que os servizos de emerxencias puidesen acceder a el.
Así, os efectivos do parque do Deza tiveron que empregar o equipo de excarceración para sacar ao ferido do vehículo e facilitar a súa atención por parte dos profesionais sanitarios.
O accidente tivo lugar ás 20:30 horas de onte e, ademais dos bombeiros, participaron os membros do GES de Lalín e as forzas de seguridade.