miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Morre unha persoa tras un choque frontal entre dous turismos en Ponteareas

Morre unha persoa tras un choque frontal entre dous turismos en Ponteareas
Morre unha persoa tras un choque frontal entre dous turismos en Ponteareas

O sinistro produciuse ás dúas desta madrugada, tal e como indicou o veciño que contactou co 112 Galicia para dar conta dun grave accidente na N-120, en Oliveira

Unha persoa perdeu a vida e outra resultou falecida debido a un choque frontal entre dous turismos en Ponteareas.

Como consecuencia do impacto, a vítima mortal quedou atrapada no interior do vehículo, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros e membros do GES de Ponteareas.

O sinistro produciuse ás dúas desta madrugada, tal e como indicou o veciño que contactou co 112 Galicia para dar conta dun grave accidente na N-120, en Oliveira. No seu relato, detallou que había unha persoa inconsciente atrapada no interior dun dos coches implicados. Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisaron aos membros do GES e Bombeiros de Ponteareas para excarcerar á persoa que xa estaba falecida.

Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias evacuaron ao ocupante do outro vehículo implicado que presentaba lesións de consideración.

Os servizos de emerxencias contaron ademais co apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Comentarios
Lo más