miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames acolle a segunda proba da Transgalaica 2019

Ames acolle a segunda proba da Transgalaica 2019
Ames acolle a segunda proba da Transgalaica 2019

Na proba participarán un total de 426 persoas, das que 408 están inscritas na competición e 18 farano como cicloturistas.

O Club de ciclismo Os Esfola Arrós e o Concello de Ames organizan, por cuarto ano consecutivo, unha das probas do circuíto Transgalaica en territorio amesán. Así, este domingo o municipio acollerá a segunda proba do circuíto Transgalaica 2019, que partirá do Pazo da Peregrina ás 9:30 horas e percorrerá distintos puntos da xeografía do concello. Na proba participarán un total de 426 persoas, das que 408 están inscritas na competición e 18 farano como cicloturistas.

O circuíto Transgalaica realiza, un ano máis, unha parada en Ames para celebrar unha das súas probas. Nesta edición do 2019 o concello amesán acollerá este domingo, 10 de marzo, a segunda proba das cinco que forman dito circuíto, pertencente á modalidade de ciclismo de montaña XC-maratón e que discorrerá por un circuíto de 33 quilómetros.

Os participantes teñen dúas opcións para participar. As persoas que compiten terán que dar dúas voltas ao circuíto de 33 quilómetros, completando un total de 66 km, mentres que os ciclistas inscritos na modalidade de cicloturistas, tan so terán que dar unha volta ao circuíto. Para disputar esta proba hai inscritos un total de 426 ciclistas.

O percorrido da proba discorrerá por Covas, Ventosa, monte de San Marcos, pasará ao carón do rego de Riamonte, subirá ata o alto de Liñaredo, continuará pola praia fluvial de Tapia e pola estrada que vai Seares de Arriba a Lens, pasando pola baixada de Pegariños, Caroubáns, ata que chegue de novo ao Pazo da Peregrina. Poderán participar todos os corredores inscritos con licenza en vigor da tempada 2019 e aqueles que tramiten licenza de 1 día.

No tocante ás categorías que poderán participar, estas serán a masculina absoluta, que engloba as subcategorías júnior, S23, elite, M30, M40, M50, M60; a feminina absoluta, que á súa vez estará formada polas participantes júnior, S23, elite e máster; e a Open, na que entrarán cicloturistas e ciclistas con licencia de 1 día.

Comentarios
Lo más