miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Nace o Club Tríatlon Rianxo

Nace o Club Tríatlon Rianxo
Nace o Club Tríatlon Rianxo

O obxectivo é dar a coñecer, promover e achegar esta modalidade deportiva en Rianxo

O sábado, 2 de marzo, presentouse oficialmente o Club Tríatlon Rianxo, na Casa do Concello. Participaron no acto os membros do club co seu presidente á fronte, Luís Tembra, Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deportes, Gonzalo Tubío, de Fesba S.L. e Sabino Tarrío de Tarrío e Suárez.

A idea de constituír o club xorde dun grupo de deportistas que xa practicaban tríatlon noutros clubs da comarca (Club Tríatlon Riveira) e outro grupo procedente do mundo das carreiras populares, principalmente de Barbantia Roda.

O obxectivo é dar a coñecer, promover e achegar esta modalidade deportiva en Rianxo. A idea foi callando a finais de 2018, despois de varias reunións co Concelleiro de Deportes, Xusto Ordóñez, e co director da Piscina Municipal de Rianxo, Óscar Rial. Nelas establecéronse as bases da colaboración entre as tres entidades para que o proxecto sexa viable e se poida consolidar.

Asemade, contan co apoio imprescindible de dous patrocinadores, Tarrío&Suárez e Fesba S.L..

Contan xa con 28 persoas asociadas e 18 deportistas federados para competir neste 2019. Mais a medio prazo, teñen o obxectivo de promover unha escola deportiva de tríatlon en Rianxo.

Comentarios
Lo más