miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Oroso homenaxea ás mulleres agrarias

Oroso homenaxea ás mulleres agrarias
Oroso homenaxea ás mulleres agrarias

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, uniuse aos eloxios “polo papel que estas mulleres fixeron e siguen facendo no rural, sacando adiante ás súas familias e aportando valor ao entorno no que viven”

O Concello de Oroso uniuse o venres aos actos reivindicativos polo Día Internacional da Muller, con diferentes iniciativas ao longo da xornada e unha homenaxe ás mulleres da agraria.

Pola mañá, houbo concentracións nos centros escolares en prol da igualdade e representacións teatrais, mentres que pola tarde o Concello fixo entrega dos premios do concurso de fotografía 'Muller Traballadora' e dunha placa conmemorativa a Hortensia Ramos.

No acto central da xornada, celebrado na Casa da Cultura, o Concello de Oroso quixo render homenaxe ás mulleres da agraria en activo, xubiladas ou ás que nalgún momento da súa vida se dedicaron ás tarefas agrarias.

A concelleira de Muller de Oroso, María del Carmen Liste, amosou a súa satisfacción polo acto, “que pretende recoñecer o duro traballo e o esforzo diario dunhas mulleres que son o sustento dos seus fogares, hoxe é un día moi emotivo, levábamos moito tempo con gañas de facer esta homenaxe”.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, uniuse aos eloxios “polo papel que estas mulleres fixeron e siguen facendo no rural, sacando adiante ás súas familias e aportando valor ao entorno no que viven”.

Coas actividades de onte, o Concello de Oroso pretendeu facer visible as realidades que a día de hoxe seguen a colocar ás mulleres en contextos de desigualdade real, a pesares dos avances experimentados en materia de igualdade de xénero co desenvolvemento de distintas disposicións legais.

Comentarios
Lo más