miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rescatado un motorista de Enduro que sufriu unha caída no Monte Galiñeiro

Rescatado un motorista de Enduro que sufriu unha caída no Monte Galiñeiro
Rescatado un motorista de Enduro que sufriu unha caída no Monte Galiñeiro

Deste xeito, os membros do GES do Val Miñor, xunto cos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, deron co ferido, inmobilizárono e trasladárono a pé ata a ambulancia

Un motorista foi rescatado logo de sufrir unha caída cando practicaba a modalidade de Enduro no Monte Galiñeiro, en Gondomar.

O envío da localización do ferido mediante un whatsapp ao 112 Galicia permitiu a rápida chegada dos servizos de emerxencias.

Todo ocorreu ao fío das once desta mañá, cando o motorista caeu co vehículo que manexaba e mancouse nas costelas. Tras a chamada de alerta ao 112 e seguindo as indicacións dos operadores, a persoa que acompañaba ao ferido compartiu as coordenadas de localización mediante mensaxe de whatsapp. Isto permitiu a chegada da axuda ao lugar concreto e a asistencia inmedianta do paciente, que presentaba lesións graves en costelas, clavícula e un brazo.

Deste xeito, os membros do GES do Val Miñor, xunto cos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, deron co ferido, inmobilizárono e trasladárono a pé ata a ambulancia.

Ademais, estes equipos de intervención contaron co apoio dos Bombeiros do Baixo Miño e dos axentes da Garda Civil e da Policía Local de Gondomar. 

Comentarios
Lo más