Santiago respira feminsimo
Unha convocatoria histórica pola cantidade de persoas que se manifestaban a favor da igualdade e co merecido protagonismo das mulleres
Poucas veces as manifestacións marcan un fito histórico; onte Compostela viviu un día inesquecible na historia recente da cidade. Miles de mulleres saíron ás rúas para reivindicar a igualdade de condicións, as inxustizas do sistema patriarcal e denunciar a secuela da violencia machista.
A manifestación saíu desde a Praza do 8 de Marzo, na rúa de San Pedro, e foi por todas as rúas da cidade para desembocar no Obradoiro. Unha convocatoria histórica pola cantidade de persoas que se manifestaban a favor da igualdade e co merecido protagonismo das mulleres.
O apoio social recibido durante o día de onte marcará un antes e despois en Compostela. Rúas abarrotadas, xente gritando, bailando, cantando e sobre todo, denunciando a violencia machista e a desigualdade laboral e de oportunidades.
Ao berro de "Rompemos o teito de cristal" ou "Nin unha menos", as mulleres percorrían as rúas da cidade mentres máis xente uníase á manifestación. A Praza do Obradoiro fundouse nun panorama de gran colorido de paraugas e carteis. Puños no alto, aplausos, berros e mesmo choros foron algunhas das escenas que se puideron vivir no día de onte.
O 8 de marzo de 2019 lembrarase como un momento clave na historia da cidade, un punto de inflexión reivindicando o protagonismo da muller na sociedade do século XXI.