Ordes súmase ao berro da ciudadanía polo 8M
Susana García, concelleira de Benestar Social e Educación, compartiu a xornada co alumnado da escola infantil municipal Sorrisos e dos colexios O Mesón do Vento e Castelao.
Co gallo do Día Internacional da Muller celebrado hoxe, Ordes acolleu unha serie de actos reivindicativos en prol da igualdade e dos dereitos das mulleres.
Por unha parte Susana García, concelleira de Benestar Social e Educación, compartiu a xornada co alumnado da escola infantil municipal Sorrisos e dos colexios O Mesón do Vento e Castelao.
Nestes dous últimos os nenos e nenas mostraron as mensaxes plasmadas nos bocadillos feitos con cartolinas de cor lila, iniciativa promovida pola Mancomunidade de Ordes.
Por outra parte a Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) organizaou unha concentración a media mañá ás portas do edificio consistorial antiguo.
Nela participaron un bo número de veciños e veciñas, entre eles o alcalde de Ordes José Luis Martínez Sanjurjo.