miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Denuncian atrasos no cobro do Bono Concilia

Denuncian atrasos no cobro do Bono Concilia
Denuncian atrasos no cobro do Bono Concilia

Este pago, que se levaba facendo con certa regularidade cada dous meses, comezou a retrasarse neste curso

A formación noiesa poñerá en coñecemento do Grupo Parlamentario de En Marea no Parlamento Galego o atraso nos pagamentos por parte da Xunta de Galicia. 

Tras constatar o impago dos dous últimos meses do coñecido como Bono Concilia, a Marea Cidadá de Noia buscará darlle unha solución levando a cuestión ó Parlamento Galego. 

Este pago, que se levaba facendo con certa regularidade cada dous meses, comezou a retrasarse neste curso, chegando a tardar a Administración ate un trimestre en realizar o ingreso.

O Bono Concilia é unha axuda fundamental para todas aquelas familias con fillos e fillas de 0 a 3 anos que residen en localidades que non contan cunha escola infantil pública, especialmente aquelas de baixos recursos. 

A Marea Cidadá de Noia denuncia que ten coñecemento de casos nos que, de seguir retrasándose o pago dos importes concecidos, as familias non poderán continuar adiantando o pago das escolas infantís e veranse na obriga de desmatricular ós seus cativos.

Comentarios
Lo más