miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Santiago consolídase neste xaneiro como destino turístico en temporada baixa

Santiago consolídase neste xaneiro como destino turístico en temporada baixa
Santiago consolídase neste xaneiro como destino turístico en temporada baixa

O crecemento acumulado nestes últimos catro anos no mes de xaneiro foi do 37%, un dato que amosa o proceso de desestacionalización crecente que está vivindo a demanda turística da cidade

O pasado mes de xaneiro os hoteis da cidade rexistraron 51.494 pernoctacións, segundo os datos do INE. É a primeira vez que se superan as 50.000 pernoctacións no primeiro mes do ano dende o Ano Santo 2010. Dende entón, o dato máis baixo no mes de xaneiro foi no ano 2015, cando houbo apenas 37.576 pernoctacións.

O crecemento acumulado nestes últimos catro anos no mes de xaneiro foi do 37%, un dato que amosa o proceso de desestacionalización crecente que está vivindo a demanda turística da cidade. Os datos de pernoctacións do INE están na liña de crecemento que está vivindo o aeroporto de Santiago tamén en temporada baixa. En xaneiro do 2019, o aeroporto viviu o seu mellor mes de xaneiro, con 178.769 pasaxeiros e pasaxeiras, un 41% máis que en xaneiro do 2015.

PROMOCIÓN EN ALEMAÑA

Por outra parte, Turismo de Santiago participa na ITB, principal feira de turismo do mercado alemán, que se celebra en Berlín do 6 ao 10 de marzo. A participación da entidade municipal de promoción turística na ITB é unha das súas accións máis importantes do ano, xa que o mercado alemán é un mercado prioritario para a cidade.

O mercado alemán está vivindo ademais uns anos de crecemento moi importante na cidade, en boa medida grazas á chegada de Lufthansa ao aeroporto en 2017 e que neste 2019 ampliará a súa oferta na ruta con Frankfurt con cinco voos á semana, fronte aos tres cos que comezou hai un par de anos. Este crecemento resúmese no máximo histórico de peregrinos e peregrinas procedente de Alemaña que se logrou no pasado 2018, superando por primeira vez os 25.000.

Nos tres primeiros días, o acceso á feira está permitido só para os profesionais: axentes de viaxes, turoperadores, prensa, organizadores de congresos… Durante estes tres días, o persoal técnico de Turismo de Santiago manterá unha apretada axenda de reunións con distintos profesionais interesados na cidade e no Camiño de Santiago.

Os dous últimos días da ITB diríxense ao público xeral. Neste par de días, no mostrador de Turismo de Santiago poderá comprobarse o interese crecente do público alemán tanto por Santiago como final do Camiño de Santiago, como pola propia cidade concibida como un destino turístico onde se sintetizan cultura, historia, patrimonio, gastronomía e natureza. 

Comentarios
Lo más