miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Carmen Pomar participu no encontro do Comité Científico Asesor do Instituto Galego de Altas Enerxías

Carmen Pomar participu no encontro do Comité Científico Asesor do Instituto Galego de Altas Enerxías
Carmen Pomar participu no encontro do Comité Científico Asesor do Instituto Galego de Altas Enerxías

O obxectivo é avaliar a planificación estratéxica da Unidade, a calidade da investigación realizada e a identificación de oportunidades de reorientación e potenciación do labor investigador, entre outros

A consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou onte nun encontro co Comité Científico Asesor do Instituto Galego de Altas Enerxías (IGFAE), da USC, reunido en Santiago para avaliar a estratexia científica e a calidade de investigación do que é o único instituto mixto da Universidade de Santiago e a Xunta, así como a única unidade de excelencia María de Maeztu acreditada en Galicia.

Dito comité está formado por científicos de primeiro nivel internacional e con experiencia na dirección dalgún dos máis importantes centros de investigación do mundo. O programa de traballo prolongouse durante dúas xornadas e incluíu reunións con todo o persoal investigador implicado en cada un dos oito programas de investigación do IGFAE.

O obxectivo é avaliar a planificación estratéxica da Unidade, a calidade da investigación realizada e a identificación de oportunidades de reorientación e potenciación do labor investigador, entre outros.

Comentarios
Lo más