miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha Treboada Feminista que fai historia en Compostela

Unha Treboada Feminista que fai historia en Compostela
Unha Treboada Feminista que fai historia en Compostela

Mulleres percorreron as rúas de Compostela ata Praza de Galicia, reclamando o feminismo na sociedade.

As rúas de Compostela echéronse esta mañá con milleiros de mulleres e homes cun punto de encontro: a Praza de Galicia. Dende os diferentes puntos de cidade, como os Concheiros ou a Praza de Paz entre outros, mulleres ao grito de "feminismo para adiante, machismo para atrás" percorreron as rúas compostelás para concentrarse no punto neurálxico da cidade.

Por exemplo, unhas das mobilizacións con maior participación de mulleres parteu dos Concheiros, no que ás 11:30 hora, as presentes fixeron un cordón arredor da rotonda da zona, cortando a circulación e reclamando feminismo. A continuación, a mobilización partiu de ahí para seguir pola rúa de San Pedro, Virxe da Cerca e desembocar na Praza de Galicia.

A treboada feminista fai historia na cidade con mulleres de todas as idades para reclamar un feminismo real nas institicións, nos traballos, nos salarios... na vida. Esta mobilización é o preludio do que se espera esta mesma tarde na que se espera unha maior concentración de mulleres que rematarán na Praza do Obradoiro.

Hoxe a manifestación machará sobre ás 20:00 horas da Praza 8 de Marzo continúar pola zona vella e chegar ao Obradoiro, tal como foi o ano pasado. Sen dúbida algunha, será un movemento histórico na cidade que espera superar con creces a participación do ano pasado.


Comentarios
Lo más