Bascuas propón traer de volta o Fórum Gastronómico para Santiago
Compromiso aposta por medidas dinamizadoras e de calidade para o Concello
Xoán Bascuas, candidato a alcaldía de Compromiso por Galicia, propón a recuperación do Fórum Gastronómico que, despois de tres edicións celebradas en Santiago, marchou para a cidade da Coruña.
O candidato galeguista non atopa explicación a que, un evento que o ano pasado moveu 24.000 persoas en tres días, se deixara escapar de Santiago cando “aquí existen todas as infraestruturas precisas para celebralo”.
Dende Compromiso ven como dende fai varios anos os distintos gobernos se conforman cos datos de visitantes que facilita a Xunta e non se incentiva a nivel local o Santiago de grandes eventos, cando se conta con toda a infraestrutura precisa, un aeroporto internacional, espazos como o Pazo de Congresos e un gran número de¡ prazas hoteleiras e a excelente gastronomía da que se pode disfrutar no Concello, con varios locais que son referentes.
“O Concello ten que volver a incentivar o consumo turístico de calidade, e retomar o papel De Santiago como destino e non como lugar de paso”.