CCOO-Sanidade convoca 8M unha concentración no Hospital Clínico de Santiago
06:30 08/03/19
06:30 08/03/19
A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia convoca para mañá venres, día 8 de marzo, ás 12:00, unha concentración na recepción do Hospital Clínico de Santiago de Compostela. Con esta acción, pretenden protestar polos servizos mínimos decretados pola Xunta, que impiden que o persoal da sanidade pública se poida sumar aos paros.
A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia convoca para hoxe venres, día 8 de marzo, ás 12:00, unha concentración na recepción do Hospital Clínico de Santiago de Compostela.
Con esta acción, pretenden protestar polos servizos mínimos decretados pola Xunta, que impiden que o persoal da sanidade pública se poida sumar aos paros.