Encontro entre a Asociación Área Empresarial do Tambre e Xoán Bascuas
Compromiso sinala a falla de investimento en servizos e infraestruturas como os principais problemas
Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e representantes da Asociación da Área Empresarial do
Tambre (AAET) mantiveron unha xuntanza na que trataron as demandas, inquedanzas e distintas problemáticas que está a sufrir o colectivo así como o futuro do mesmo. Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man a situación actual das dintintas problemáticas tanto en infraestruturas como na falta de axilidade das administracións a hora da tramitación de licenzas. Todo isto supón un gran prexuízo, segundo apuntan dende a asociación de empresarios. De igual modo, tamén demandan unha série de actuacións nos viais do polígono para evitar o asolagamento en días de choiva e unha mellor iluminación. Tamén resulta chamativo o feito de que os vaos, que están a ser cobrados por parte do Concello, cando no polígono non teñen licenzas de vaos as naves industriais.
Tamén no ámbito das infraestruturas, desde a entidade empresarial tamén sinalan a necesidad dunha subestación eléctrica, básica para a actividade do parque empresarial, máis aínda se se quere atraer á industria transformadora.
A falta de frecuencia horaria do transporte público, así como unha senda peonil que comunique os polígonos do Tambre e Costa Vella, son solicitudes que a AAET fai desde o plano da mobilidade.
Un do aspectos máis chamativos para os galeguistas foi descubrir “a ausencia de solidaridade por parte do Concello como propietario de varias naves no polígono e que nunca pagou a seguridade privada”.
Por outra banda na xuntanza tamén se trataron temas como a implantación de empresas e a súa fixación no parque por medio de distintas iniciativas públicas- privadas que a día de hoxe están en punto morto como a Mesa da Sionlla por parte da administración pública.
Dende Compromiso apoian as demandas e as reivindicacións que fan dende a AAET e as súas iniciativas para a fixación de empresas e atraer novo tecido empresarial así como o desenvolvemento do chan industrial do concello.
A modo de conclusión, Bascuas ve que “Santiago pasou de ser a terceira localidade galega en PIB a ser a cuarta, como consecuencia da falta de políticas que acompañen a quen xera esa riqueza”.