miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os servizos de emerxencias traballan para sufocar un incendio declarado nun invernadoiro en Fene

Os servizos de emerxencias traballan para sufocar un incendio declarado nun invernadoiro en Fene
Foto de arquivo
Os servizos de emerxencias traballan para sufocar un incendio declarado nun invernadoiro en Fene

O lume comezou uns minutos antes das 12:30 horas do mediodía de hoxe

Os equipos de emerxencias traballan na extinción dun incendio rexistrado este mediodía no interior dun invernadoiro situado na parroquia coruñesa de San Salvador de Maniños, en Fene.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o lume comezou uns minutos antes das 12:30 horas do mediodía de hoxe. De feito, o alertante encontrábase no local do incidente cando realizou a chamada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia. No seu relato, explicaba que o incendio orixinouse nun galpón que almacenaba neveiras industriais e algunhas bombonas.

Para facer fronte ao lume, desde o CIAE 112 Galicia, informouse aos Bombeiros de Ferrol, aos membros do GES de Mugardos, á Garda Civil, á Policía Local e tamén aos voluntarios de Protección Civil da localidade. 

Comentarios
Lo más