miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Accidente múltiple no A-52, con sete vehículos implicados

Accidente múltiple no A-52, con sete vehículos implicados
Accidente múltiple no A-52, con sete vehículos implicados

Non obstante, o sinistro, no que se viron implicados sete vehículos, dificultou o tránsito en sentido Benavente sen que se chegase a cortar a circulación completamente

Un total de sete vehículos colisionaron en cadea cando circulaban pola A-52, á altura do concello de Melón, en sentido Benavente.

Por fortuna, ninguén resultou ferido, pero si se rexistraron retencións no tráfico.

Foron varios os condutores que ás 17:40 horas desta tarde contactaron co 112 Galicia para avisar dunha colisión múltiple ao paso pola parroquia melonesa de Quins, xusto no límite entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos profesionais sanitarios, aínda que, finalmente, ninguén necesitou asistencia médica.

Non obstante, o sinistro, no que se viron implicados sete vehículos, dificultou o tránsito en sentido Benavente sen que se chegase a cortar a circulación completamente.

Para poder restablecer as condicións de seguridade o antes posible e reanudar o tráfico, desde o 112 Galicia tamén se informou ao persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento e á Garda Civil de Tráfico. Do mesmo xeito, no operativo colaboraron os membros do GES de Ribadavia, que descartaron intervir en canto comprobaron que as persoas implicadas no accidente estaban liberadas e accesibles.

Comentarios
Lo más