Abarrotado acto inaugural no Lustres Rivas da exposición "O Fío de Ariadna", de Mónica Montero e Pura Vilar
“O Fío de Ariadna “ é “un proxecto de labirintos e sendeiros que se bifurcan” no que as dúas autoras levan durante un ano comprometidas co fin de establecer un diálogo entre a creación plástica e as artes literarias
Decenas de persoas acudiron o pasado sábado ao acto de inauguración da nova exposición que se exhibe no Centro Cultural Lustres Rivas: “O Fío de Ariadna”, creación de Mónica Montero e Pura Villar: dúas profesoras do IES Leliadoura que dende fai vinte anos veñen de colaborando en proxectos profesionais co fin de poñer de relevo a diversidade e a imaxinación creadora.
“O Fío de Ariadna “ é “un proxecto de labirintos e sendeiros que se bifurcan” no que as dúas autoras levan durante un ano comprometidas co fin de establecer un diálogo entre a creación plástica e as artes literarias.
O alcalde Manuel Ruiz foi o encargado de pechar o acto eloxiando a calidade artística da proposta antes dunha performance ofrecida pola veciña de Bretal (Olveira) Vane Bolboretiña coa colaboración da percusión africana de Lobo.
A mostra estará aberta de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas.