Suspendido o desfile de Entroido por mor do temporal
16:59 05/03/19
16:59 05/03/19
O festival nas rúas ía comezar ás 17:30 horas
O Concello de Santiago acaba de comunicar nas súas redes sociais que o tradicional desfile de Entroido, que ía ter lugar a partir das 17:30 horas, queda suspendido por mor do temporal que afecta a cidade que trae chuvias e vento.
O festival que comezaba na avenida de Ferrol ás 17:30 horas, e que percorrerías as rúas Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra e avenida de Xoán Carlos I queda suspendido.
Non é o unico festival que se cancela xa que noutros lugares de Galicia tamén decidiron suspender esta celebración polas condicón climatolóxicas.