Aviso de corte de tráfico na costa do Vedor
06:30 06/03/19
06:30 06/03/19
A costa do Vedor estará cortada ao tráfico os días 6, 7 e 8 de marzo en horario de 8:00 a 20:00 horas
Con motivo de traballos na rede de saneamento e abastecemento de auga por parte de Viaqua, a costa do Vedor estará cortada ao tráfico os días 6, 7 e 8 de marzo en horario de 8:00 a 20:00 horas, quedando aberta á circulación durante a noite.
Durante o período do corte só se permitirá o acceso de residentes aos seus garaxes, entrando e saíndo pola avenida de Quiroga Palacios. Haberá operarios no tramo de rúa afectado para facilitar o cruce de vehículo.
O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.