miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Xenerais da Ulla percorreron hoxe as rúas de Fonte Díaz, en Touro

Os Xenerais da Ulla percorreron hoxe as rúas de Fonte Díaz, en Touro
Os Xenerais da Ulla percorreron hoxe as rúas de Fonte Díaz, en Touro

Veciños e forasteiros achegáronse hoxe ata Touro para disfrutar nunha mañán sin chuvia pero con vento dunha das citas clásicas do Entroido da Ulla 

A capital de Touro, Fonte Díaz, viviu hoxe martes de entroido a súa ‘Feira do Entroido’, unha cita xa obligada no entroido da comarca da Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ foron protagonistas. Tamén o foron os persoaxes do entroido de Touro, como o Vello dos Cornos. A mañán foi ventosa en Touro e non choveu.

Pasadas as doce da mañán concentráronse os ‘xenerais’ diante da sede do Concello de Touro. Un grupo de xinetes cos seus chamativos traxes napoleónicos citáronse para comenzar o desfile. O vento impediu que poideran lucir os coloridos sombreiros de plumas, que solo puxeron no inicio para lanzar uns vivas. Numeroso público, veciños e visitantes, e tamén medios de comunicación, concentráronse nos arredores para coñecer aos protagonistas deste orixinal entroido rural. 

Tamén participaron con disfraces os nenos e nenas do PAI. Tamén estaban outros protagonistas do Entroido do Concello de Touro. E participaron no desfile A Pinguela de Bama, as nenas do Sapo Dourado de Loxo, músicos da Escola da Banda Isabel II de Touro, as nais e nenos e nenas de Tardes Divertidas e veciñas voluntarias.

Os ‘xenerais’, procedentes das parroquias de Bama e Fao, iniciaron unha marcha polas rúas de Fonte Díaz, cheas de xente que chegou á capital de Touro para facer as súas compras e disfrutar da ‘Feira do día 5’. Ao longo do traxecto lanzaron varios ‘vivas’. 

No desfile que saíu e rematou na sede do Concello de Touro tamén participaron nenas e nenos do PAI cos seus disfraces. E tamén estaban presentes maiores con todo tipo de adornos festivos para celebrar o entroido. Todos os días 5 de cada mes celébrase en Fonte Díaz unha feria con postos que ofrecen todo tipo de productos aos visitantes. A feira de marzo está adicada ao entroido. Tamén é típico degustar o pulpo que ofrecen os postos instalados nas rúas principales de Fonte Díaz.

Comentarios
Lo más