Falece unha persoa despois de ser atropelada en San Cibrao das Viñas
O accidente produciuse pasadas ás 21:45 horas e ata o lugar desprazouse un equipo médico
Unha persoa resultou falecida a noite pasada en San Cibrao tras ser alcanzado por un vehículo na OU-540, á altura do punto quilométrico 10,000.
O accidente produciuse pasadas ás 21:45 horas e ata o lugar desprazouse un equipo médico, que tan só puido confirmar o falecemento da vítima.
Nada máis recibir a chamada de alerta, na cal o persoal sanitario comunicaba que unha UVI móbil se desprazaba ao punto, o 112 Galicia informou decontado aos Bombeiros de San Cibrao, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e GES de Pereiro do Aguiar.
No operativo tamén participaron os membros de Protección Civil de Barbadás que axudaron a recuperar as condicións de seguridade na vía.