Morre un home tras ser arroiado por un tren en Lugo
Cómpre sinalar que o tren, que facía a ruta entre A Coruña e Madrid, levaba tres persoas que puideron continuar o camiño cara aos seus destinos tras restablecerse a circulación férrea
Un home faleceu na madrugada de hoxe tras ser arroiado por un tren na altura da Avenida Infanta Elena Duquesa de Lugo.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso á medianoite de hoxe a través do servizo de seguridade do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias de España (ADIF), que informaba dunha persoa que foi alcanzada por un convoi na entrada de Lugo.
Cómpre sinalar que o tren, que facía a ruta entre A Coruña e Madrid, levaba tres persoas que puideron continuar o camiño cara aos seus destinos tras restablecerse a circulación férrea ao redor da 01:00 hora da madrugada.
Así, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos profesionais sanitarios, Policía Nacional e Policía Local. Ademais, informouse tamén aos Bombeiros de Lugo e voluntarios de Protección Civil da localidade por se fora necesaria a súa colaboración.
Polo momento, descoñécense as causas do accidente.