miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Encontro dentre a AVV. Angrois e Xoán Bascuas

Encontro dentre a AVV. Angrois e Xoán Bascuas
Foto de arquivo
Encontro dentre a AVV. Angrois e Xoán Bascuas

Compromiso cre que existe unha débeda histórica cun dos lugares máis esquecidos do Concello

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e representantes da AVV. Angrois mantiveron unha xuntanza na que trataron as demandas, inquedanzas e distintas problemáticas que está a sufrir a veciñanza. Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man a situación actual das dintintas problemáticas e falta de investimento no barrio. Dende a asociación veciñal apuntan que as reivindicacións prioritarias son as barreiras antison da autoestrada, así como a falta de entendemento con Adif á hora de acometer desbroces e mantemento dos terreos que ten no barrio. De igual modo, tamén apuntan que precisan medidas para regular o exceso de velocidade, xa que é perigoso transitar a pé, tanto a veciñanza como os peregrinos que veñen a facer o camiño portugués. A directiva de Angrois tamén lle comunicou aos galeguistas tamén a ausencia de alcantarillado e de recollida de augas, a falta de asfaltado dalgunhas rúas e puntos de luz. Ademais destas demandas que afectan ás infraestruturas, tamén alertan doutra falla de servizos: que ningunha liña pasa directamente por Angrois.

Dende Compromiso apoian as demandas e apoia as reivindicacións que fan dende a AVV de Angrois e piden a implicación das distintas ínstitucions, Concello, Adif e Xunta, xa que, segundo Bascuas, “existe unha débeda histórica coa veciñanza de Angrois”.

Comentarios
Lo más