O Grupo Popular cuestiona a presentación de dous históricos vehículos do servizo de bombeiros
O Grupo Popular preguntará quen determina, desde a xubilación do anterior xefe de bombeiros, a priorización das necesidades e a xustificación e concreción das mesmas
O Grupo Municipal Popular considera “sorprendente que uns arranxos de chapa, pintura, electricidade, tapicería e rotulación dean lugar á posta en escena do concelleiro delegado”.
O Grupo Popular pregúntase “que fastos organizará o Goberno de Compostela Aberta o día que sexa quen de tramitar a verdadeira adquisición duns camións, cuxa tramitación iniciara o anterior Executivo do Partido Popular”.
Ademais, o equipo que dirixe Agustín Hernández cuestionase se “a man de pintura que ven de presentar hoxe Xan Duro non ocultará catro anos de óxido político na mellora do parque, sinaladamente na perda de dirección técnica e de nivel de execución, sen esquecer o fume da comarcalización do servizo”.
Ao tempo, os Populares mostran a súa preocupación pola situación a que deu lugar a vacante, durante máis dun ano, da xefatura do servizo ao non ter claro quen ven dende entón e, cando menos, ata o nomeamento no novo xefe, priorizando, concretando e xustificando as necesidades na adquisición do material.