miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As xogadoras do Santiago Rugby Club conquistan A Malata

As xogadoras do Santiago Rugby Club conquistan A Malata
Foto: Cedida por el club
As xogadoras do Santiago Rugby Club conquistan A Malata

Con esta boa nota as xogadoras comezarán a prepararse para os vindeiros torneos de rugbi

Este pasado sábado 2 de marzo as xogadoras do Santiago Rugby Club finalizaron a liga cunha victoria 53-13 contra Vigo, resultado que situou ao equipo santiagués como terceiras de liga. O partido deu comezo no campo da Malata ao carón da ría de Ferrol e o primeiro ensaio de dianteiras chegou aos poucos minutos. 

O resto do partido foi unha demostración de técnica e unha mellora xeral con respecto ao inicio da tempada, e tamén de forza e espírito deportivo que as rapazas de ambos equipos mantiveron ata o final.

Con esta boa nota as xogadoras comezarán a prepararse para os vindeiros torneos de rugbi seven, que ocuparán o seu tempo ata a seguinte tempada 19-20.

Comentarios
Lo más