miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Escola de Práctica Xurídica despide a sexta promoción do Máster en Avogacía

A Escola de Práctica Xurídica despide a sexta promoción do Máster en Avogacía
A Escola de Práctica Xurídica despide a sexta promoción do Máster en Avogacía

A Escola de Práctica Xurídica de Santiago converteuse nunha referencia en toda España. O 100% dos alumnos do Máster de Avogacía aproban os exames de acceso á profesión

A Escola de Práctica Xurídica de Santiago, dependente da Universidade de Santiago de Compostela e do Colexio de Avogados de Santiago, celebrou este fin de semana un acto institucional para despedir á sexta promoción do Máster Universitario en Avogacía.

Máis de 200 persoas asistiron ao acto, presidido polo reitor da USC, Antonio López; o decano do Colexio de Avogados, Francisco Rabuñal; o decano da Facultade de Dereito, Gumersindo Guinarte; o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez; o fiscal superior de Galicia, Fernando Suánzes Pérez; o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas; e o director da Escola de Práctica Xurídica (EPX), Lotario Vilaboy Lois.

Durante un acto, fíxose un recoñecemento ao anterior reitor da USC, Juan Viaño, pola súa colaboración coa Escola; unha boa sintonía que se mantén co novo equipo xestor da universidade.

A Escola de Práctica Xurídica de Santiago converteuse nunha referencia en toda España. O 100% dos alumnos do Máster de Avogacía aproban os exames de acceso á profesión.

Durante ano e medio, reciben na escola formación nas materias Civil e Mercantil, Penal, Laboral e Administrativo. O 60% do profesorado é designado polo Colexio de Avogados de Santiago, mentres que o 40% depende da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Comentarios
Lo más