O CEIP Agro do Muiño celebrou o Entroido cun festival único e especial
A temática elexida este ano foi arredor dos contos clásicos da infancia
O pasado venres os nenos e nenas do Agro do Muiño celebraro o seu tradicional Festival de Entroido no que os pais e nais puideron disfrutar dunha hora de color, música e disfraces.
A xornada comezou sobre as 12:00 horas, momento no que as familias entraron nas instalacións do centro para poder ver o espectáculo que tiñan preparado os rapaces, dende os máis pequenos ata os maiores de sexto curso de primaria.
A temática elexida xirou arredor dos contos clásicos como "O soldadiño de chumbo" ou otras historias coñecidas pola meirande parte dos nenos e nenas. Ademáis, os disfraces foron feitos polos propios rapaces nas súas aulas.
A partir das 12:15 comezou o Festival na que os de infantil amosaron a súa coreografía e para continuar cos demáis cursos. Moitos dos bailes organizados foron do agrado dos pais e nais xa que as opinión que corrían entre eles foron eloxiados.
Sen dúbida, un éxito de espectáculo para todos os presentes nun día máxicos para as familias e sobre todo, para os máis pequenos.