miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Santiago acolle "A bela durminte" do St. Petersburg Festival Ballet

Santiago acolle "A bela durminte" do St. Petersburg Festival Ballet
Santiago acolle "A bela durminte" do St. Petersburg Festival Ballet

O St. Petersburg Festival Ballet é unha compañía fundada por Maxim Zhuchin en 2011 e formada por un elenco de novos bailaríns cuxo obxectivo é contribuír a aumentar o xa recoñecido prestixio da tradición do ballet ruso

O St. Petersburg Festival Ballet chega con Afundación, a Obra Social de ABANCA, ás cidades de Vigo, Pontevedra e Santiago co clásico de P. Tchaikovsky, A bela durminte. A representación terá lugar o venres 8 de marzo no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela tamén ás 20.30 horas. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

O St. Petersburg Festival Ballet é unha compañía fundada por Maxim Zhuchin en 2011 e formada por un elenco de novos bailaríns cuxo obxectivo é contribuír a aumentar o xa recoñecido prestixio da tradición do ballet ruso. De feito, o propósito da posta en marcha da compañía, foi o desexo de presentar aos amantes do ballet clásico no estranxeiro as novas estrelas do ballet ruso, descubrir ao mundo novos nomes, e axudar os bailaríns a revelaren plenamente o seu talento.

Baseado no conto La belle au bois dormant de Charles Perrault, A bela durminte é quizais o máis importante de todos os ballets clásicos do compositor ruso Pyotr Ilich Tchaikovski, coreografado espectacularmente polo mestre francés Marius Petipa. O ballet estreouse en 1890 no Teatro Mariinsky de San Petersburgo, ante unha audiencia de aristócratas rusos da corte imperial.

Comentarios
Lo más