Continúans a chuvias en Compostela
08:00 04/03/19
08:00 04/03/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima ata os 12ºC
O luns permanecerá sobre Galicia o aire frío que trouxo a fronte do domingo, polo que quedaremos nunha situación de chuvascos.
Así, agárdanse ceos alternando nubes e claros, con chuvascos de carácter intermitente máis probables nas provincias da Coruña e Pontevedra.
As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima ata os 12ºC.
Os ventos soprarán do sudoeste, moderados en xeral, fortes no litoral norte.