Corte de tráfico en Algalia de Abaixo por traballos na rede de saneamento
06:30 04/03/19
06:30 04/03/19
Os vehículos autorizados que precisen entrar a partir das 10:30 horas á zona monumental deberán facelo pola entrada das Casas Reais
Con motivo de traballos na rede de saneamento, a rúa da Algalia de Abaixo quedará cortada ao tráfico a altura do número 24 o vindeiro luns, 4 de marzo, dende as 10:30 ás 20:00 horas.
Os vehículos autorizados que precisen entrar a partir das 10:30 horas á zona monumental deberán facelo pola entrada das Casas Reais.