En Marea Touro presenta parte do seu plan de goberno
A charla do vindeiro venres ten como obxectivo tratar diferentes solucións ás trabas burocráticas existentes para desenvolver proxectos deste tipo
O colectivo veciñal, que se presentará ás vindeiras eleccións de maio, organiza unha charla na parroquia de Prevediños o próximo venres día 8 ás 20:00 horas. Os poñentes serán: o membro da marea de Touro e enxeñeiro técnico forestal Roberto Castro Rocamonde e Davide Rodríguez parlamentario e cooperativista no sector da castaña e derivados.
No mes de Decembro máis dunha vintena de veciños do concello de Touro desprazáronse até a localidade ourensana de Manzaneda para coñecer de primeira man a cooperativa na que traballa Davide, Amarelante. O obxectivo foi ter unha primeira toma de contacto con modelos de éxito ligados ao agro que se poden trasladar ao Concello de Touro.
A charla do vindeiro venres ten como obxectivo tratar diferentes solucións ás trabas burocráticas existentes para desenvolver proxectos deste tipo. Outros temas que se abordarán son alternativas ás concentracións parcelarias e liñas de traballo para dar solucións aos problemas dende a administración local.
Por último, critican que o goberno de Ignacio Codesido leva máis de 20 anos gobernando sin propoñer nada e mesmo poñendo trabas para que salgan iniciativas interesantes adiante. Poñen como exemplo a súa incompetencia para sacar adiante a IXP da castaña ou a incapacidade para abrir pistas forestais en lugares donde non existe concentración parcelaria.