miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arde unha cama eléctrica en Noia

Arde unha cama eléctrica en Noia
Arde unha cama eléctrica en Noia

Foron varios os veciños que alertaron ao 112 Galicia, que decontado puxo en marcha un operativo no que participaron ademais dos servizos sanitarios de urxencia

Sobre as 21:00 horas da pasada noite, unha persoa tamén tivo que ser trasladada ao arder unha cama eléctrica nunha vivenda dun edificio de catro andares, situado na Rúa Galicia, en Noia. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos efectivos de Protección Civil, o home foi evacuado polo persoal do 061-Urxencias Sanitarias ata o Hospital Clínico de Santiago, por inhalación de fume. Ardeu unicamente a cama pero o fume afectou a toda a vivenda e ás escaleiras de todo o inmoble.

Foron varios os veciños que alertaron ao 112 Galicia, que decontado puxo en marcha un operativo no que participaron ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Boiro, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil de Noia. Tamén, os membros do GES de Brión foron informados do suceso polos xestores de emerxencias.

Os Bombeiros, tras extinguir o lume, procederon a ventilar a vivenda

Comentarios
Lo más