miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Negreira celebra o seu Entroido nunha explosión de colorido

Negreira celebra o seu Entroido nunha explosión de colorido
Negreira celebra o seu Entroido nunha explosión de colorido

Comezou ás cinco da tarde no campo dá feira e deu un colorido especial ás rúas da vila ata concluír na Casa do Concello

O flamante gañador do Goya ao mellor actor de reparto 2019 polo seu papel na película ´El Reino´, foi o pregoeiro das soadas festas do Entroido de Negreira, previo ao concurso de carrozas e comparsas.

Luís Zahera era dun dos rostros do audiovisual galaico que non pregoara o entroido barcalés polo que pasaron actores como Carlos Blanco, Xosé Antonio Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez, Ernesto Chao, Pepo Suevos, ou Víctor Fábregas, entre outros. O pregón chegará a partir das seis da tarde, o sábado.

As actividades arrincan o venres día 1 de marzo ao mediodía co desfile dos nenos e nenas da Escola Infantil. Pola noite, a partir das nove, foi a primeira concentración de charangas coa participación de: Tíralle do aire; Os Jaitas Blues e Os Celtas «que van facer pasacalles e finalmente xuntaranse na praza do Concello, sobre as once da noite as tres xuntas», sendo unha das novidades, tal e como destacou Marcos Pérez.

O gran desfile de comparsas foi o prato forte, na tarde do sábado. Comezou ás cinco da tarde no campo dá feira e deu un colorido especial ás rúas da vila ata concluír na Casa do Concello. Houbo premios de 1.000, 600, 300 e 150 euros, para os catro primeiros en comparsas e carrozas, respeitivamente, así como dous áccesits de cen euros. Os grupos: 250; 150 e 100, e os individuais: 150; 100 e 50 euros. O grupo Ciclón amenizou a verbena na praza do Concello.

Comentarios
Lo más