miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Marea Cidadá de Noia presenta alegacións ó Plan de Transporte de Galicia

A Marea Cidadá de Noia presenta alegacións ó Plan de Transporte de Galicia
A Marea Cidadá de Noia presenta alegacións ó Plan de Transporte de Galicia

O Plan de Transporte de Galicia presenta serias deficiencias no que respecta á mobilidade interior na contorna de Noia

A Marea Cidadá de Noia ven de presentar unha serie de alegacións ó Plan de Transporte de Galicia para garantir a mobilidade das persoas da comarca ó Centro de Saúde e á Praza de Abastos..

O Plan de Transporte de Galicia presenta serias deficiencias no que respecta á mobilidade interior na contorna de Noia. Se ben os dous usos máis frecuentes do transporte público por parte da poboación son o transporte ó Centro de Saúde e a realización de compras na Vila, o Plan de Transporte de Galicia non remata de facilitar ningún dos dous obxectivos.

No que respecta á mobilidade ó Centro de Saúde, das liñas propostas só unha ten parada no mesmo. O resto de liñas recollidas no Plan, que teñen como obxectivo unir os núcleos rurais da contorna ca Vila de Noia, non teñen parada cercana ó Centro de Saúde, sendo a última a Estación de Autobuses que se atopa a 1,2km de distancia.

No que respecta á mobilidade comercial, ningunha das liñas fai parada no Mercado de Abastos, punto fundamental do comercio local e sostible da Vila e que pasa desapercibido no Plan actual.

Comentarios
Lo más