miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferido un home tras caer con seu tractor por un terraplen en Carballo

Ferido un home tras caer con seu tractor por un terraplen en Carballo
Ferido un home tras caer con seu tractor por un terraplen en Carballo

Desde o 112 informouse decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Carballo, Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade

Un home resultou ferido en Carballo tras caer co tractor que conducía por un terraplén.

O accidente ocorreu nunha finca da súa propiedade, en A Vixoteira, Rús. Ao redor das 16:30 horas da tarde de onte, unha persoa particular alertaba do suceso ao 112 Galicia. Indicaba que o home estaba baixo a máquina agrícola pero que tiña mobilidade.

A partir de aí, desde o 112 informouse decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Carballo, Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Tras chegar ao punto, os servizos de emerxencia alí desprazados confirmaron que non foi preciso o uso do material de excarceración para liberar ao ferido que foi evacuado polos servizos sanitarios.

Comentarios
Lo más