miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chega a fronte fría a Compostela

Chega a fronte fría a Compostela
Chega a fronte fría a Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima ata os 13ºC

O domingo unha fronte fría chegará a Galicia co avance do día. 

Así, durante a mañá os ceos estarán alternando nubes e claros na metade leste e quedarán máis cubertos no oeste, onde se rexistrarán chuvias febles. 

Á tarde os ceos quedarán cubertos en toda a Comunidade, con chuvias que serán máis intensas no sur da provincia da Coruña e Pontevedra.

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima ata os 13ºC.

O vento soprará forte do sudoeste, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas.

Comentarios
Lo más