O CHUS afirma que as denuncias das citas de xinecoloxía denunciadas "non son reais"
"As citas de xinecología denunciadas non son reais no sentido de que serán revisadas e adiantadas", aseguran
"A Xerencia sanitaria de santiago cumple estrictamente coa legalidade e a demora real para unha primeira cita de xinecoloxía hoxe é de 29 días de media" así de taxantes afirman dende a cúpula do CHUS ante as denuncias da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.
"As citas de xinecología denunciadas non son reais no sentido de que serán revisadas e adiantadas. Debido a un problema organizativo das axendas as citas novas saen automaticamente para unha data moi afastada da que será finalmente".
A espera real, a día de hoxe, para unha ecografía de xinecoloxía tiña espera media de 31,5 días. É dicir, as mulleres que hoxe se fixeron unha ecografía no hospital clínico levaban esperando unha media de 31.5 días.... é necesario lembrar que se trata de demoras medias, iso quere dicir que hai pacientes que esperan un pouco máis e outras algo menos.
"Por outra banda aclarar que existe unha axenda específica na que os facultativos derivan aos doentes de patoloxía oncolóxica. Nesa axenda hoxe estábanse dando citas para o 25 de marzo 2019" aseguran dende a Xerencia.
Cando se fala de “peche” de axendas o que se quere decir é un “bloqueo preventivo” dalgunhas datas dalgunha das axendas de subespecialidades do servizo, moi dependentes das gardas ou períodos de ausencia dos facultativos.
Por ese motivo a data automática para algunas citas é, no momento de solicitala, afastada da realidade, pero periódicamente son revisadas as citas pendentes e as pacientes son chamadas para adiantarlle a cita, polo que o día real da consulta finalmente se axusta á data marcada polo especialista.
Con todo, a xerencia segue a traballar para a adecuación inicial das citas e evitar así que se teña que recitar ás pacientes.